TRADICIÓN E EXCELENCIA
O Rualdi é unha empresa familiar cunha longa experiencia. O noso saber provén da tradicion rural da Galicia do interior, á que somos fieles mantendo a elaboración dos produtos como antano. Aunamos dita tradición cos medios e procesos mais modernos para cumplir cos estandares sanitarios e poder obter a excelencia dos nosos produtos.
A contorna
Os montes que rodean o val de Maceda pertencentes á serra de San Mamede son un contorno privilexiado preñado de historia.
Alá polo século XIII en plena Idade Media, o Rei Afonso X “O Sabio” pasou parte da súa nenez no Castelo de Maceda. Aquí aprendeu o idioma galego no que máis tarde escribiría as Cantigas de Santa María, obra literaria máis destacada do culto mariano na Peninsula Ibérica e moi importante por ser unha das fontes mais ricas do galego medieval. Ademais do aspecto poético/literario, pódese dicir que constitúe a colección de composicións monofónicas e de “miniaturas” máis importante do medioevo, sendo un dos primeiros exemplos de banda deseñada occidental.
Destaca tamén a proximidade da Ribeira Sacra na súa marxe ourensana, non só polos seus viños singulares, senón tamén polo seu patrimonio cos seus 18 mosteiros e a súa espectacular paisaxe.
A vexetación da zona é de salientar con fragas de castiñeiros, carballos e bidueiros, e a presenza do toxo e da uz tan típicos na Galicia interior.
Neste recuncho singular é onde O Rualdi atopa as condicións óptimas para continuar coa elaboración dos produtos cárnicos curados tradicionais.
As nosas instalacións
As instalacións de O Rualdi foron remodeladas recentemente garantindo un espazo seguro para os nosos traballadores e constituíndo o lugar ideal para continuar coa elaboración tradicional que nos distingue, e producir cos máis elevados estandares en seguridade alimentaria.
O noso principio é avanzar coa tecnoloxía asegurando a máxima calidade, sen perder de vista a nosa historia familiar e o saber acumulado que nos diferenza.


Os nosos produtos
Mantemos os nosos costumes tradicionais embutindo en tripa natural de porco, atando a man, afumando con leña de carballo e secando ao ar frío dos montes de Maceda.
Empregamos carne de porco seleccionada e aderazámola cos mellores condimentos: pementón, allo, cebola, sal e ourego para acadar o noso sabor característico.
A nosa filosofía
Compromiso coa contorna:
Concienciados sobre a importantísima función que desempeñan as abellas melíferas instalamos ao noso redor colmeas de polinización.
Realizamos podas selectivas para potenciar o desenvolvemento das árbores, así como estimular a ramificación e floración, obténdose árbores máis fortes e sans.
Apoiamos o produto de proximidade. Loitamos pola economía local e promovemos hábitos de produción, preparación e consumición de alimentos máis respectuosos co ambiente e coas tradicións autóctonas.


Respecto co ambiente:
Apostamos polo consumo do noso produto de a granel para reducir envases innecesarios e posibilitar mercar a cantidade precisa evitando o desperdicio de alimentos.
Empregamos envases biodegradables ou aptos para reciclaxe. Usa o contedor axeitado!.
Temos instaladas placas solares fotovoltaicas para a produción de enerxía limpa.

Onde atoparnos
Os nosos produtos pódense atopar na maioría de vilas e cidades de Galicia, así como nas grandes capitais da xeografía española coma Madrid, Barcelona, Bilbao ou Valencia.
Tanto se es distribuidor, minorista ou simplemente queres degustar produtos O Rualdi e tes dificultades para atopalos visita a nosa tenda ou emprega o formulario de contacto. Contestarémoste o antes posible!