Ingredientes:
Lacón O Rualdi
Loureiro
Salvia
Perexil
Allo
Aceite de oliva
Gornición recomendada: cebolas, cenoria e patacas.
Tempo de cociñado: duas horas e media.
Elaboración:
O lacón debe porse a desalar un día e medio antes en agua fría, cambiandolle a auga unhas catro ou cinco veces.
Meter nunha pota o lacón engadir un para de follas de loureiro e enchela de auga, pola a cociñar. Unha vez que ferva a auga deixaremos cocer o lacón 10 minutos.
Sacamos o lacón e secámolo. Untámolo cun pouco de aceite de oliva e condimentámolo con allo, perexil e salvia, reservando unhas folas de salvia para o final. Introducimolo no forno que estará precalentado a unha temperarura de 210 °C. E recomendable usar unha bandexa con grella no fondo para conseguir que o coiro do lacón quede perfecto.
Se se observa que se reseca pódeselle engadir medio vaso de auga.
Cando o lacón leve unha hora e media quitarémoslle o adobo que esté moi tostado e engadiremos a guarnición, que necesitará dunha hora para estar feita.
A falta de media hora para rematar o cociñado, disporemos con cuidado no forno as follas de salvia enteiras reservadas molladas en aceite de oliva.
Para rematara sacaremos con cuidado as follas de salvia e lonchearemos o lacón.
Opción de degustación: tamén se pode servir o lacón frío a modo de fiambre.