Seguimos co proxecto de elaboración de embutidos de porco celta sen aditivos artificiais, financiado con fondos FEADER e coa participación de AGACAL. Seguimos avanzando con paso firme, comprometidos coa nosa misión de ofrecer produtos de calidade e sabor excepcionais.
Neste momento, estamos inmersos nunha nova fase do proxecto, traballamos na elaboración de produtos. Estes son: chourizos, chourizos de cebola, salchichón e chourizos criollos, todos elaborados con carne de porco celta e sen aditivos artificiais.
Cada un destes produtos está a ser deseñado coidadosamente, buscando equilibrar o sabor tradicional coa innovación.
Seguimos comprometidos coa nosa misión de preservar a nosa cultura gastronómica e promover unha alimentación máis saudable e sustentable. Continuaremos traballando con dedicación e entusiasmo.